CitasEnlaces
Aquí van algunhas das miñas preferidas (as traducións ou "traicións" son miñas). Reproduzo en páxina aparte as citas pola paz de Kristen Blann. "Would I had phrases that are not known, utterances that are strange, in new language that has not been used, free from repetition, not an utterance that has grown stale, which men of old have spoken." Khakheperresenb (ca. 1900 a. C.), escriba exipcio citado por Walter Jackson Bate: The Burden of the Past and the English Poet (1970) "Oxalá dispuxese de frases non coñecidas, de expresións estrañas, nalgunha nova linguaxe nunca antes empregada, libre de repeticións, de palabras rancias xa desgastadas polos antepasados". Voltaire (1694 - 1778) diría nunha das súas Lettres philosophiques "Ainsi presque tout est imitation. L'idée des Lettres persanes est prise de celle de l'Espion turc. Le Boiardo a imité le Pulci, l'Arioste a imité le Boiardo. Les esprits les plus originaux empruntent les uns des autres." "Lupus est homo homini" Titus Maccius Plautus (ca. 254 - 184 a. C.): Asinaria, 495 "O home é un lobo para os homes"; este pensamento é coñecido modernamente como "homo homini lupus", a través do filósofo Thomas Hobbes (1588 - 1679). "Nemo solus satis sapit" Titus Maccius Plautus (ca. 254 - 184 a. C.): Miles Gloriosus, 885 "Ninguén sabe abondo por si so" "Homo sum: humani nil a me alienum puto" Publius Terentius Afer (ca. 185 - ca. 159 a. C.): Heautontimoroumenos "Home son. Nada humano me é alleo" "Maiora canamus" Publius Vergilius Maro (ca. 70 - 19 a. C.): Ecloga IV "Cantemos sobre as cousas elevadas"; esta cita encabeza o libretto, preparado por Charles Jennens(1700 - 1773), do oratorio Messiah, posto en música por George Frideric Handel (1685 - 1759). "Dimidium facti qui coepit habet" Quintus Horatius Flaccus (65 - 8 a. C.): Epistulae, Liber I, 2, 40 "Quen empezou xa ten medio traballo feito". Decimus Magnus Ausonius (ca. 310 - 395), nun dos seus epigramas, diría "Incipe! Dimidium facti est coepisse. Superfit / dimidium: rursum hoc incipe et efficies." "Navem agere ignarus navis timet; habrotonum aegro non audet nisi qui didicit dare; quod medicorum est promittunt medici; tractant fabrilia fabri: scribimus indocti doctique poemata passim." Quintus Horatius Flaccus (65 - 8 a. C.): Epistulae, Liber II, 1, 114 - 117 "Teme o barco quen non o sabe governar; ninguén se atreve a dar unha herba a un doente se non estudiou; os médicos tratan das cousas dos médicos; os artesáns da artesanía: pero os poemas escribímolos arreo sabios e ignorantes". "Cui prodest scelus, is fecit" Lucius Annaeus Seneca Iunior (ca. 4 a. C. - 65): Medea, 500 - 501 "A quen beneficia o crime, ese foi quen o cometeu". "Non quia difficilia sunt non audemus, sed quia non audemus difficilia sunt" Lucius Annaeus Seneca Iunior (ca. 4 a. C. - 65): Epistulae Morales ad Lucilium, Liber XVII - XVIII, 104, 26 "Non é que non nos atrevamos coas cousas difíciles, é que se nos fan difíciles as cousas coas que non nos atrevemos". "Rara temporum felicitate ubi sentire quae velis et quae sentias dicere licet" Cornelius Tacitus (ca. 56 - ca. 117): Historiae, I, 1 "Raros son os tempos felices nos que podes pensar o que queres e dicir o que pensas". Aínda non escribira Sigmund Freud (1856 - 1939) sobre o superego e o subconsciente, nin Erich Fromm sobre o medo á liberdade. Merece a pena que reflexionemos un instante sobre o que facemos realmente cando dicimos que "pensamos", como fai Gilbert Ryle, e tal vez poidamos cuestionar a liberdade de moitos deses procesos de pensamento. "Ubi solitudinem faciunt, pacem appellant" Cornelius Tacitus (ca. 56 - ca. 117): Agricola, 30 "Onde fan desolación, chámanlle paz". "Festina lente" Gaius Suetonius Tranquillus (ca. 70 - ca. 140): Augustus, 25 "Apresúrate amodo". "Hominem unius libri timeo" (ou "Cave ab homine unius libri") Tomás de Aquino (ca. 1225 - 1274) "Temo (teme) ao home dun so libro". Disto hai dúas interpretacións distintas pero igualmente interesantes: a) "o especialista é temible como rival dialéctico porque domina a súa especialidade"; b) "é inútil discutir con quen manexa unha soa fonte de información". "Non est ponenda pluritas sine necessitate" William of Occam (ca. 1288 - ca. 1348) Parafraseada frecuentemente "Entia non sunt multiplicanda praeter necessitatem", ou, tamén parafraseada e posta en boca de Albert Einstein (1879 - 1955), "As cousas deben explicarse do xeito máis simple que sexa posible, pero sen facelas máis simples do que en realidade son". "Il en est des livres comme du feu de nos foyers; on va prendre ce feu chez son voisin, on l'allume chez soi, on le communique à d'autres, et il appartient à tous." François-Marie Arouet "Voltaire" (1694 - 1778): Lettres philosophiques "O que hai nos libros é como o lume das nosas lareiras; tomámolo dos nosos viciños, avivámolo nas nosas casas, comunicámolo a outros, e pertence a todos". "Le premier qui, ayant enclos un terrain, s'avisa de dire: 'Ceci est à moi', et trouva des gens assez simples pour le croire, fut le vrai fondateur de la société civile. Que de crimes, de guerres, de meurtres, que de misères et d'horreurs n'eût point épargnés au genre humain celui qui, arrachant les pieux ou comblant le fossé, eût crié à ses semblables: Gardez-vous d'écouter cet imposteur; vous êtes perdus, si vous oubliez que les fruits sont à tous, et que la terre n'est à personne." Jean-Jacques Rousseau (1712 - 1778): Discours sur l'origine et les fondements de l'inégalité parmi les hommes "Ao primeiro que, poñendo marcos nun terreo, lle acordou de dicir 'Isto é meu' e encontrou a xente simple dabondo como para facerlle caso, foi o verdadeiro fundador da sociedade civil. Cántos crimes, guerras, asasinatos, cántas miserias e horrores lle tería aforrado ao xénero humano o que, arrincando as estacas ou cegando o foxo, tivese berrado aos seus semellantes: "Gardádevos de escoitar a este impostor; estades perdidos se esquecedes que os froitos son de todos e que a terra non é de ninguén.'" "C'est avec les pauvres que les riches se font la guerre" Louis Blanc (1811 - 1882): Organization du travail "É cos pobres que os ricos se fan a guerra". "We despise all reverences and all the objects of reverence which are outside the pale of our own list of sacred things. And yet, with strange inconsistency, we are shocked when other people despise and defile the things which are holy to us" Samuel Langhorne Clemens "Mark Twain" (1835 - 1910) "" "On est volé à la Bourse, comme on est tué à la guerre, par des gens qu'on ne voit pas" Alfred Capus (1858 - 1922): La Bourse ou la vie "Os que che rouban na Bolsa, como os que te matan na guerra, son xente que non se ve". "La guerre, c'est le massacre de gens qui ne se connaissent pas, au profit de gens qui se connaissent mais ne se massacrent pas" Paul Valéry (1871 - 1945) "A guerra é un masacre entre persoas que non se coñecen para proveito de persoas que si se coñecen pero non se masacran". "An eye for an eye leaves everyone blind" Martin Luther King (1929 - 1968) "Ollo por ollo e acabaremos todos cegos". "Als die Nazis die Kommunisten holten, habe ich geschwiegen; ich war ja kein Kommunist. Als sie die Sozialdemokraten holten, habe ich geschwiegen; ich war ja kein Sozialdemokrat. Als sie die Gewerkschafter holten, habe ich geschwiegen; ich war ja kein Gewerkschafter. Als sie die Juden holten, habe ich geschwiegen; ich war ja kein Jude. Als sie mich holten, gab es keinen mehr, der protestierte." Martin Niemöller (1892 - 1984), atribuída "Cando os nazis viñeron polos comunistas, calei, porque eu non era comunista. Cando viñeron polos socialdemócratas, calei, porque eu non era socialdemócrata. Cando viñeron polos sindicalistas, calei, porque eu non era sindicalista. Cando viñeron polos xudeus, calei, porque eu non era xudeu. Cando viñeron por min xa non había ninguén que protestase." "Se eu dou comida aos pobres, eles me chamam de santo. Se eu pergunto porque os pobres não têm comida, eles me chamam de comunista." Hélder Câmara (1909 - 1999) "A tiger does not shout its tigritude, it acts." Akinwande Oluwole "Wole" Soyinka (1934 - ) "Un tigre non berra a súa tigritude, actúa." Algúns libros: Diccionario de citas de Wenceslao Castañares e José Luis González Quirós (Editorial Noesis) Diccionario de citas de Cesáreo Goicoechea (Editorial CIEDossat) Copyleft César Salgado García - - - Última revisión: 30 - VIII - 2010 |