|
Chove na Cidade (1999): letra de Manuel Antonio, música de César Salgado García Manuel Antonio Pérez Sánchez (Asados, Rianxo, 12-VII-1900; ibidem, 28-I-1930), coñecido como Manuel Antonio, deixounos unha importante obra poética, boa parte da cal non se coñeceu ata que a descubriu e publicou García-Sabell no 1972. Pero tamén foi un home de acción. Fuxiu á guerra europea (31-I-1918), sendo detido na fronteira de Irún, e proxectou asimesmo fuxir á loita sandinista de Nicaragua e á Unión Soviética. Estudiou e exerceu a profesión de mariño mercante. Desenvolveu unha actividade política incesante e publicou o manifesto estético Máis alá (28-VI-1922), xunto con Álvaro Cebreiro. O poema que escollín forma parte do libro Sempre e máis Dispois, do que non coñecémo-la data pero podemos aventurar, pola análise evolutiva da obra poética manuelantoniana, que é anterior ao seu libro principal, De catro a catro (escrito entre 1926 e 1927). Respectei o texto tal e como o coñecín, na edición de Anxo González Guerra e Xosé Ramón Pena (Manuel Antonio, Nós, A Coruña, 1982). Manteño as tabulacións, as formas non estándar de certas palabras como "Dispois", "sombrisa", e o apóstrofe en "d´eternidade" polo seu valor métrico. Tamén gardei as maiúsculas en "Cidade", "Dispois", etcétera, maiúsculas ás que supoño unha intención significativa propia. Suprimo tan só o trazo na contracción "na", o outro apóstrofe e o til na palabra "Dispois", por xulgalos marcas ortográficas innecesarias e contrarias ao uso actual, e corrixo o xénero de "árbores", cambios todos que fixen para facilita-la lectura do poema. Asimesmo considero que o que eu transcribo como primeiro verso de cada sección do poema, que pode parecer un título na referida edición, non é tal título, ou polo menos é tamén un verso, e creo recordar que un dos autores me confirmou nesta opinión tras de consultarlle este extremo, epistolarmente, hai uns once anos. Poño música só á primeira parte deste poema. No que atinxe ás partes e ás súas tesituras, seguín o mesmo criterio que para Longa noite de pedra, exceptuando algúns divisi entre tenores e baixos. Copyleft César Salgado García - A Coruña, 1 de abril do 1999. Chove na Cidade en formato NoteWorthy Composer (*.nwc). Para vela, escoitala ou imprimila, podes baixar gratis o NoteWorthy Composer Viewer. Tamén está en MIDI. |
Poema completoI Chove na Cidade.
Na Cidade vella torta e sombrisa
Pra que os canos choren
II Chove na Aldea.
Na Aldea vella doída e esquencida
Pra que as ponlas das árbores choren
|
Copyleft César Salgado García