|
A pregunta (1999): letra de Anthony de Mello, música de César Salgado García O texto desta peza forma parte dun dos meus libros preferidos, O canto do paxaro, escrito polo xesuíta Anthony de Mello (nacido en Bombay no 1931). Coñecín este libro, editado en castellano por Sal Terrae, porque mo regalaron unhas amigas hai nove anos, cando cumprín os dezaoito. Forma parte desa equipaxe que levaría a unha illa deserta, aínda que non precisaría del fisicamente porque o levo escrito no corazón. Este libro componse de contos espirituais, místicos, fundamentalmente das tradicións orientais: musulmana, hinduísta, budista e outras. Cánto gañaría a Humanidade se as institucións relixiosas e laicas do mundo aplicasen o ecumenismo destas páxinas... Este conto en particular é un breve diálogo entre o monxe, que busca a Deus na natureza (nas marabillas da creación que diríamos os occidentais), e o mestre, que o convida a buscar dentro de si: Dedico esta modesta peza aos meus amigos do coro Ludus Tonalis, e ao seu director Rupert Twine, en agradecemento polo seu labor artístico e pola súa reiterada confianza e axuda. Copyleft César Salgado García - A Coruña, dez de abril do 1999. Texto da pezaPreguntaba o monxe: "Todas estas montañas e estes ríos e a terra e as estrelas... ¿de onde veñen?" Respondeulle o mestre: "¿E de onde vén a túa pregunta?" A pregunta en formato NoteWorthy Composer (*.nwc). Para vela, escoitala ou imprimila, podes baixar gratis o NoteWorthy Composer Viewer. Tamén está en MIDI. |
Copyleft César Salgado García